versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta pecha o proceso de adxudicación da nova planta de abastecemento do Val de A Maía

[23/03/2010]

A Consellería de Medio Ambiente pechou onte o procedemento administrativo para a contratación das obras da planta de abastecemento que debe reforzar o servizo para a zona de Bertamiráns e o municipio de Brión, área xeográfica que coincide co Val de A Maía. O importe do contrato supera levemente os seis millóns de euros e a sinatura adxudicataria é unha unión temporal de empresas conformada por Pontes e Calzadas e Befesa Agua.

A Consellería de Medio Ambiente asume o 80% do presuposto final da obra, correspondéndolle a porcentaxe restante aos concellos de Ames e Brión. O proxecto permitirá garantir a subministración de auga potable a unha zona en constante crecemento demográfico e que nos meses de verán sofre importantes problemas de subministración.

A intervención correspondente a Ames consiste na construción dunha planta potabilizadora con capacidade para subministrar ata 175 litros por segundo, un volume que poderá duplicarse cunha segunda fase.

A auga captada procederá da canle do Tambre e será necesario instalar un sistema de bombeo. A obra complétase cun depósito de dez mil metros cúbicos para almacenar a auga tratada.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion