versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión organizará o seu primeiro ciclo teatral para afeccionados

[23/03/2010]

O Concello de Brión organiza o primeiro ciclo de teatro afeccionado Teatro...e punto, que traerá ao municipio a tres das máis recoñecidas compañías galegas de teatro afeccionado: Teatro de Cámara Ditea, Teruca Bouza e Teatro Universitario Pinchacarneiro. Serán tres actuacións totalmente gratuítas para os veciños de Brión, que poderán gozar delas os sábados 27 de marzo, 10 de abril e 17 de abril, sempre no auditorio do polivalente (Pedrouzos) ás 20.30 horas.

Esta iniciativa xorde a raíz do éxito que ten o teatro en Brión e, en especial, o teatro afeccionado, como se puido comprobar este outono, explica Alberto Álvarez, técnico de Cultura de Brión. De feito, as nove representacións incluídas na segunda edición dos ciclos de teatro afeccionado Carballeira e Pedra do Moucho reuniron máis de seiscentos veciños dende outubro ata decembro.

Ademais, a grande afección ao teatro en Brión desembocou tamén no nacemento do seu primeiro grupo de teatro afeccionado, denominado Trangalleiro Teatro, que o próximo mes de abril cumprirá un ano da súa primeira actuación pública. Teatro de Cámara Ditea abrirá o día 27 o ciclo.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion