versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Pontes e Befesa farán o complexo para levar a traída a 40.550 amaianos

[23/03/2010]

As obras para abastecemento durarán 20 meses e custarán máis de seis millóns. Dende as instalacións de Lens tratarán a auga para Ames e Brión. Unha unión temporal de empresas (entre Pontes e Calzadas e Infraestruturas-Befesa Agua) será a sinatura encargada de levantar a planta de captación de auga potable (ETAP) que, dende o río Tambre ao seu paso por Lens, subministrará a traída a 40.500 habitantes de Brión e Ames. O Diario Oficial de Galicia publicaba onte a adxudicación, por parte da Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, da primeira fase das obras de abastecemento.

O montante deste contrato ascende a 6.029.912 euros, e o departamento que dirixe Agustín Hernández financiará o 80% dos custos, divididos en tres anualidades. As obras de abastecemento executaranse nun prazo de 20 meses. Esta actuación enmárcase nun programa de colaboración entre a Consellería de Medio cos municipios dirixido á dotación de infraestruturas. No caso dos concellos de Ames e Brión, e dado o presuposto insuficiente do que dispoñen para o financiamento, a Xunta ofrece a súa axuda.

O proxecto pretende solucionar os problemas de abastecemento que sofren estes dous municipios debido ao incremento da demanda nos últimos anos, presentándose tamén como un beneficio para posibles inconvenientes que aparezan unha vez rematados os dous futuros polígonos industriais: Ames-Brión e Pérros. Por unha parte, no Concello de Ames, a obra acordada comprende a execución dunha ETAP de 175 litros/segundo, que se situará preto da aldea de A Ponte Maceiras e con capacidade para acoller todos os equipos necesarios para unha ampliación de ata 350 l/s na segunda fase. A captación leva a cabo no río Tambre e a estación está dotada dunha liña de auga con decantación, filtración, desinfección final e depósito de regulación de 7.300 m3, máis unha liña de deshidratación de lamas con espesador, centrifugado e colector.

En Ames, tamén se executará a mellora do camiño de acceso ao edificio da ETAP.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion