versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Unha delegación de Guillena visita Brión para ultimar un intercambio xuvenil en xullo

[20/03/2010]

Unha delegación da localidade sevillana de Guillena visitou esta semana Brión para ultimar e intercambio xuvenil organizado entre ambas as dúas localidades e no que participarán 160 mozos de entre 18 e 35 anos.

O intercambio está programado entre os días 23 e 30 de xullo, o que permitirá aos mozos sevillanos gozar das Festas do Apóstolo e do Día de Galicia. O grupo de Brión devolverá a visita de forma inmediata, polo que permanecerá do 30 de xullo ao 7 de agosto en Guillena

A delegación sevillana visitou o colexio de Pedrouzos, xa que os 80 mozos deste municipio estarán aloxados nestas instalacións educativas. Tamén aproveitaron para coñecer enclaves como as Torres de Altamira, a Carballeira de Santa Minia e a igrexa de Bastavales, un aperitivo do programa reservado para os mozos sevillanos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion