versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Licitan a ampliación do abastecemento para Ames e Brión

[16/03/2010]

Pontes e Calzadas & Befesa executará o proxecto que amplía a capacidade nun 40%. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba a semana pasada a adxudicación da primeira fase do proxecto á unión temporal de empresas Puentes e calzadas infraestruturas & Befesa Auga, por un importe de 6.029.912 euros, que financiará a Consellería de Medio ambiente, encargada tamén da licitación. A oferta da empresa rebaixou en máis de dous millóns o presuposto base de licitación, que ascendía a 8.193.933 euros.

Concretamente, a obra consistirá na construción dunha nova condución de auga dende o Tambre ata unha planta potabilizadora que se situará nas inmediacións de Ponte Maceira, nunha zona de certa altura para evitar posibles inundacións, e cunha rede de conducións de cinco quilómetros. A nova ETAP terá unha capacidade de 10.000 metros cúbicos e está previsto que poida abastecer unha poboación de 100.000 habitantes, máis do dobre do censo actual dos dous concellos xuntos.

Respecto á actualidade, o novo sistema suporá un incremento de capacidade de subministración do 40 por cento.

EN PONTEMACEIRA

Unha nova planta potabilizadora para rematar coas carencias

O proxecto inclúe a construción dunha nova planta potabilizadora de auga que se situará na zona norte de Ames, a máis afectada polo déficit de subministración no municipio. O propio alcalde amiense, Carlos Fernández, e o seu homólogo en Brión, X ousei Luis García, recoñecían estas deficiencias, que afectan especialmente os veciños brioneses, que sufriron mesmo varios cortes de subministración, no acto de presentación do proxecto xunto ao conselleiro de Medio, Agustín Hernández.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion