versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Licitado o proxecto para ampliar o abastecemento de Ames e Brión

[13/03/2010]

O BOE publicou onte a adxudicación dos traballos a Pontes e Calzadas Befesa. Incrementará nun 40% a capacidade do sistema actual. Inclúe a construción dunha potabilizadora en Lens. A Xunta investirá 6 millóns.

O proxecto de ampliación da rede de abastecemento de auga de Ames e Brión, que virá a solucionar as deficiencias actuais na subministración en ambos os dous concellos, está hoxe máis preto de ser unha realidade.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba onte a adxudicación da primeira fase do proxecto á unión temporal de empresas Puentes e calzadas Infraestruturas Befesa Auga, por un importe de 6.029.912 euros, que financiará a Consellería de Medio ambiente, encargada tamén da licitación. A oferta da empresa rebaixou en máis de dous millóns de euros o presuposto base de licitación, que ascendía a 8.193.933 euros.

A actuación comprende, entre outras obras, a construción dunha nova estación de tratamento de auga potable na localidade amiense de Lens. Deste modo solucionaranse as carencias do sistema actual de subministración, que impide abastecer en condicións á parte norte do municipio amiense e que provocou en varias ocasións restricións no brionés, como recoñecían os propios alcaldes, Carlos Fernández e Xosé Luis García, respectivamente, na presentación do proxecto xunto ao conselleiro de Medio, Agustín Hernández, o pasado mes de outubro, na que achacaban este déficit ao incremento poboacional dos últimos anos.

Concretamente, a obra consistirá na construción dunha nova condución de auga dende o Tambre ata unha planta potabilizadora que se situará nas inmediacións de Ponte Maceira, nunha zona de certa altura para evitar posibles inundacións, e cunha rede de conducións de cinco quilómetros. A nova ETAP terá unha capacidade de 10.000 metros cúbicos e está previsto que poida abastecer unha poboación de 100.000 habitantes, máis do dobre do censo actual dos dous concellos xuntos. Respecto á actualidade, o novo sistema suporá un incremento de capacidade do 40 por cento.

Co reforzo da rede quedará ademais definitivamente solucionada unha problemática a longo prazo, a capacidade de abastecemento para os dous futuros polígonos industriais, o de Ames-Brión e o de Cans.

Conxuntamente

O groso do custo do proxecto de reforzo do abastecemento será financiado pola Xunta, que asumirá o 80% da inversión. O 20% restante será sufragado a partes iguais polos concellos de Ames e Brión que inverterán, cada un, 819.393 euros, en tres anualidades.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion