Carlos Casal logrou rebaixar a sua marca na cita catalá
[13/03/2010]
O corredor de Bastavales situou en tres minutos menos o seu anterior mellor tempo. Tiña confianza en conseguilo e a fe que o logrou. Juan Carlos Casal Pérez acudía á Cidade Condal para disputar unha nova edición do Maratón de Barcelona e foi capaz de rebaixar a súa mellor marca (3 horas e 37 minutos) en tres minutos. O pasado domingo, no que foi o maratón máis rápido da historia celebrado en España, o atleta do concello de Brión, conseguiu rematar a proba entre os corenta primeiros e cun tempo de 3 horas e 34 minutos.
"Non estaba moi tranquilo antes de empezar a proba, pero ao final viuse que estaba ben preparado", explicou Carlos. "Entre os quilómetros 10 e 15 comprobei que ía por enriba do previsto e como o estaba afrontándoo ben empecei a entender que podía conseguir o meu obxectivo", subliñou Carlos, o do Gilito.
Ao final, tras completar o seu quinto maratón era un home feliz e se ben aínda non ten definido o seu futuro, non estrañaría que a finais de ano se fose ata Berlín para competir nunha das probas históricas desta distancia atlética. O seu obxectivo persoal será rebaixar o tempo ás tres horas e trinta minutos. Seguro que o conseguirá.
Enlace a El Correo Gallego