versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Feijóo anuncia que a autovía de Brión-Noia será licitada este ano

[07/03/2010]

O presidente da Xunta asegura que o corredor xa estará operativo antes de que finalice 2010 Destaca que vai cumprir "integramente" todos os compromisos adquiridos coa vila noiesa sobre comunicacións.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que este mesmo ano antes de que rematen as obras do corredor entre Brión e Noia se licitará o proxecto construtivo para desdobralo e convertelo en autovía. O responsable do Goberno galego deu esta noticia durante a cea anual que celebraron este venres pola noite as agrupacións locais do PP de Noia e Lousame no restaurante O Trapeiro do segundo municipio.

Feijóo tamén adiantou que as obras da variante noiesa, que inclúe a construción dunha ponte sobre a ría, comezarán antes do próximo verán. A este respecto, subliñou que estas infraestruturas supoñen unha mostra máis do interese da Xunta por cumprir os compromisos adquiridos con Noia en materia de comunicacións e que, segundo afirmou, vai levar a cabo "integramente" antes de 2013.

Ademais, explicou que o corredor será aberto ao tráfico antes de que finalice o ano, o que suporá un adianto de polo menos tres meses sobre o prazo previsto inicialmente. Así mesmo, indicou que antes de que isto suceda xa se vai licitar o proxecto construtivo para realizar o seu desdobramento en autovía.

O presidente da Xunta estivo acompañado no acto polo conselleiro de Medio, Agustín Hernández, quen tamén se referiu á necesidade de redactar un novo proxecto máis completo para a rexeneración da ría de Noia, "que teña en conta todos os aspectos e efectos ambientais". Da mesma forma, anunciou que o seu departamento está a traballar nunha actuación para o saneamento integral do municipio noiés. O obxectivo é que o proxecto estea listo este mesmo mes para poder licitalo antes de que remate o ano.

Pola súa banda, o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campaña, outra das autoridades asistentes, sinalou que o proxecto do Estado para rexenerar a ría "non está ben feito", polo que manifestou que "non podemos ser cómplices dun erro" e propuxo que se refaga en colaboración de todas as administracións para non tirar 2,7 millóns.

Ao acto asistiu medio centenar de persoas, entre as que estaban alcaldes e dirixentes do PP comarcal e provincial.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion