As novas bancadas e os aseos do campo de fútbol de Brión estarán rematadas antes do verán
[05/03/2010]
As obras do campo de fútbol de Lamiño (Brión) rematarían antes de verán. Segundo o Concello de Brión os traballos de construción dos aseos e a cubrición das bancadas estarán rematados antes do prazo fixado inicialmente, que era de 18 semanas.
A empresa que se está a encargar do proxecto, Alcomte Galicia SL, asegura que os traballos se están a levar a bo ritmo a pesar de o as chuvias continuas. Nestes días xa rematou co exterior dos baños que contarán con 43,5 metros cadrados e que estarán situados na entrada principal do campo de Lamiño.
Tamén se iniciou a instalación dos piares que soportarán o teito metálico que cubrirá as bancadas do campo de Lamiño.
A Deputación da Coruña subvenciona 48.822 euros dos 58.000 nos que está presupostada a obra, grazas a un convenio de colaboración asinado o pasado día dous de outubro polo alcalde de Brión, Xosé Luís García (PSOE) e o presidente provincial, Salvador Fernández Moreda.
Enlace a La Voz de Galicia