versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Nace unha plataforma para divulgar videos de Brión

[04/03/2010]

Recolle curtos de Youtube sobre monumentos ou festas, entre outros. O sitio chámase briontv.blogspot.com. O audiovisual marca tendencias, opinións e supón unha das ventás máis demandadas para coñecer un territorio. E en Brión souberon aproveitarse desta circunstancia poñendo en marcha o portal web, briontv.blogspot.com, co que se pretende "amosar ás excelencias do municipio a todos os internautas a través de videos relacionados" con este territorio de Amaía, apuntan dende o Concello.

A idea do Concello é abranguer todos os ámbitos, dende a cultura ata os deportes, infraestruturas ou vida diaria dos brioneses, di Xullo Mallo, técnico municipal de novas tecnoloxías. A día de onte, o portal contaba cunha selección de doce videos á espera de que cheguen novas achegas de veciños ou calquera internauta decidido. Ademais, e para facilitar o acceso, hai unha entrada na propia páxina web municipal www.concellodebrion.org. Para usar esta plataforma, os interesados só teñen que cubrir un cuestionario existente no blog e cumprir o requisito técnico de que os seus traballos estean previamente colgados en youtube.

Entre as 12 entradas xa dispoñibles hai 4 relacionadas coa paisaxe local (Torres de Altamira, capela de Santa Minia, muíños do municipio e outro de San Xulián de Bastavales); tres sobre deportes (partidos do equipo Bastavales); dous sobre xuventude e a súa viaxe a Valencia; outras dúas de infraestruturas (estado do IES de Viceso e un paseo por a AG-56) e unha de festas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion