versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os concellos validarán antes de abril o convenio do bus metropolitano

[23/02/2010]

Os representantes dos dez municipios recibiron a copia definitiva do acordo pactado coa Xunta. Os concellos integrados no futuro plan de transporte metropolitano Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra, Vedra, Oroso, Touro, Trazo e O Piñeiro asumiron onte o compromiso ante a Xunta de Galicia de aprobar definitivamente o convenio de colaboración entre as administracións locais e a Dirección Xeral de Mobilidade para que o novo servizo de viaxeiros poida entrar en vigor a principios do verán.

Tal e como se acordara na reunión inmediatamente anterior, a data tope para que todos os concellos estean ao día con este acordo é a de mediados de abril, o que obrigará a todos os concellos a incluír antes desa data o acordo nalgunha das sesións plenarias que celebren. Unha vez que todos os municipios cumpran coa súa parte, procederase á sinatura do convenio

Con este compromiso mantéñense os prazos establecidos a finais do 2009 cando o recén chegado goberno autonómico anunciou o que sería o último atraso na implantación do transporte metropolitano, que funcionará tamén no resto das áreas urbanas de Galicia.

Concluída a reunión, a Xunta volveu repetir que a implantación do plan disparará o número de billetes emitidos ata chegar a 14,4 millóns de viaxes dentro de cinco anos, un número que, segundo Mobilidade, soamente sería de 8,3 millóns de billetes emitidos se non funcionase o futuro modelo, que conecta os concellos limítrofes con Santiago por un custo de 72 céntimos de euro se se utiliza a tarxeta metropolitana. De non o facer, o custo de cada viaxe é, a día de hoxe, 1,25 euros.

Ademais das vantaxes no peto dos usuarios, outro dos beneficios do servizo é que conecta os concellos lindantes coa capital de Galicia co seu centro urbano e establecen a posibilidade de cambios de bus sen incrementar o custo do billete dependendo do tipo de zona da que se proceda.

A división por zonas abre a posibilidade de que calquera viaxeiro dos concellos citados anteriormente poida desprazarse a Santiago cun só salto de zona, o que mantén o prezo de referencia de 0,72 céntimos, un importe que non inclúe os descontos sociais.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion