versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A autovía de Brión xa é a única da rede autonómica limitada a 100

[20/02/2010]

As vías de alta capacidade de O Salnés e Barbanza foron as últimas onde se incrementou a velocidade máxima. Na rede de estradas autonómica figuran un total de cinco autovías: as de Barbanza e O Salnés, a que vai cara a Noia e as que levan de Ferrol a Vilalba e de Dozón ata as terras ourensanas. Tras os cambios realizados nos últimos meses, en catro desas estradas está permitido pisar o acelerador ata os 120 quilómetros por hora. A excepción é o vial que arranca dende a capital galega cara á bisbarra noiesa, é dicir, os case trece quilómetros de trazado que hai entre Santiago e Brión. Que se trate do único firme destas características con sinais de 100 por hora fixo que se abra un debate en torno a se cambiaría cambiaría esta limitación.

Ao revés que pasou en sitios como Barbanza, onde foron os concellos e os empresarios os que moveron ficha, no caso da autovía que no futuro chegará á vila noiesa quen falou primeiro foi a Xunta de Galicia. Dende a consellería indicaron que están a estudar a posibilidade de incrementar a velocidade máxima permitida.

Dous eran os argumentos que esgrimían dende a Administración autonómica: que boa parte dos usuarios superan ese límite con asiduidade e que a Xunta busca aplicar os mesmos criterios para regular as velocidades nas estradas da súa competencia.

Se a Administración ten eses dous argumentos, podería pensarse que o camiño está bastante expedito para que se cambie a sinalización. Pero non todo é liso e chairo. No seu momento, cando se inaugurou a estrada, falouse de que os técnicos recomendaban que o límite fose de 100 por hora porque se trataba dun vial de poucos quilómetros con varias saídas. Ten soamente 12,6 quilómetros e unha entrada en A Rocha, conexións en Aldea Nova, Bertamiráns e Os Ánxeles e a saída en Gundín, unha intersección cada 1.200 metros como media.

Os enlaces

Nas outras autovías da rede galega, aínda que dispoñen tamén de numerosas saídas -na de Barbanza, por exemplo, hai unha decena de enlaces- o seu percorrido é, nalgúns casos, bastante máis elevado. Por exemplo, a de Vilalba a Ferrol, cun tramo recén inaugurado, ten 56 quilómetros. E a barbanzana conta cuns corenta. Aínda que, iso si, a de O Salnés e a que vai de Dozón cara a Ourense, aínda que tamén teñen un límite de 120, unicamente dispoñen de 17 e 18,3 quilómetros respectivamente.

Deste xeito, é difícil saber que decidirá a Xunta ao respecto. Ademais, pode que aconteza como en Barbanza, que a consellería tardou meses en dar a coñecer o seu veredicto. E iso que durante a campaña electoral o PP insistiu en que era necesario cambiar urxentemente os límites de velocidade da autovía, sobre todo, porque como se intercalaban sinais de 100 e de 120 provocaban confusión ao condutor.

Casos diferentes

Precisamente, onte, a preguntalo ao deputado Manuel Ruiz Rivas por este asunto -el foi unha das persoas que máis veces reclamou que se modificase a velocidade na arteria viaria barbanzana- a súa resposta era a seguinte: «Creo que estamos ante casos moi diferentes, en Barbanza ou condutor chegaba un momento que non sabía a que velocidade tinga que ir, de aí a necesidade de cambiar».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion