versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

12,6 quilómetros 25.000 usuarios 6 enlaces 2 anos de antigüidade

[20/02/2010]

Dende Santiago a Brión. De momento, a autovía que alixeirou as viaxes cara ás terras compostelanas de miles de veciños da bisbarra de Muros e Noia soamente chega a Brión. O percorrido é de 12,6 quilómetros. Actualmente, execútase a súa continuación cara a Noia, aínda que non se trata dunha autovía, senón dun corredor de dous carrís.

A autovía con máis tráfico. Calcúlase que, cada día, ao redor de 25.000 condutores circulan polo trazado de altas prestacións de Santiago-Brión. Está considerada a autovía con máis tráfico de Galicia.

Interseccións cada poucos quilómetros. Ao longo dos 12,6 quilómetros de autovía, hai un total de seis enlaces: trátase do de orixe (en A Rocha), o de destino (Gundín), o nó de Pardiñas, a entrada de Os Ánxeles e os de Bertamiráns.

Un vial inaugurado na etapa bipartita. A autovía cara a Noia cumpriu dous anos o 14 de febreiro. Foi inaugurada durante o goberno autonómico de PSOE e BNG.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion