versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión transferirá consultorio de Pedrouzos ao Goberno galego

[18/02/2010]

O pleno de Brión aprobou onte, por unanimidade, o inicio do expediente para ceder á Consellería de Sanidade o centro médico de Pedrouzos. O alcalde de Brión, José Luis García, explicou que con esta cesión a consellería asumirá os gastos de mantemento do edificio, que agora dependen do Concello.

Por outro lado, no pleno tamén se aprobaron por unanimidade a modificación de dous artigos do regulamento de Axuda a Domicilio, para adaptalos á Lei Autonómica; a ordenanza municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Na quenda de mocións aprobouse unha do PSOE e BNG contra o decreto do plurilingüismo. Por outro lado, a Xunta de Portavoces elaborará unha proposta para que calquera reforma do sistema de pensións se faga no marco do Pacto de Toledo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion