versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión aproba hoxe a ordenanza de tráfico

[17/02/2010]

O Concello de Brión celebrará hoxe ás 13.00 horas o pleno ordinario correspondente a este mes, no que se procederá á modificación do regulamento de axuda a domicilio. Outro dos asuntos que se abordarán é a aprobación da ordenanza xeral sobre o tráfico, circulación e vehículos a motor e seguridade vial.

Tamén tratará a modificación da inscrición no inventario de bens e a inscrición no rexistro da propiedade do centro de saúde. Así mesmo estará sobre a mesa o inicio do expediente de cesión gratuíta do centro de saúde.

A orde do día da sesión, aparte da aprobación das actas anteriores, inclúe así mesmo a relación de decretos habidos dende a última sesión ordinaria e dará conta das actas do goberno local e o estudio das mocións.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion