Emerxencias de Brión extingue un incendio nunha vivenda unifamiliar de Os Ánxeles
[16/02/2010]
O servizo de Emerxencias de Brión interveu na madrugada do sábado para extinguir un incendio orixinado na cheminea dunha vivenda unifamiliar da parroquia de Os Ánxeles.
O servizo brionés recibiu unha chamada de aviso do 112 ás cinco da madrugada, pero como os donos da vivenda controlaron parcialmente o incendio soamente foi necesaria a intervención dun integrante do Servizo de Emerxencias e un voluntario de Protección Civil. Os operarios necesitaron unha hora para controlar o incendio, xa que as lapas se estenderon ata un falso teito. Despois, permaneceron na vivenda para ventilala.
Os servizos de extinción destacan que tan só houbo que lamentar danos materiais e que ningún dos ocupantes do inmoble necesitou atención médica.
Enlace a La Voz de Galicia