versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Novos Valores bate marca en Brión

[16/02/2010]

Nesta sexta edición foron 52 as obras presentadas ao certame artístico municipal. Ningún dos premios, dotados con ata 1.500 euros recaeu na bisbarra. De indubidable marca debe acusarse a participación na sexta edición do certame artístico Novos Valores que organiza o Concello de Brión. O pasado venres, o Espazo de Arte do municipio acollía a entrega de premios aos mellores traballos de entre os 52 presentados, unha cifra que supera con moito a de anos anteriores.

Malia o doce sabor da boa participación, a entrega de premios decepcionou non obstante á bisbarra compostelana, que viu como escapaban os galardóns ás mellores obras. A gañadora da categoría xuvenil A, que recibirá 600 euros foi Paula González Freire, de A Coruña, coa súa obra Xardín Hipnótico e o segundo premio (400 €) recaeu en Sara Pazo, de Redondela con Despois. En categoría B, o primeiro clasificado foi Óscar Cabana, de A Coruña. A súa obra Refinería foi premiada con 1.500 euros. O segundo posto (1.000 € ) foi para Ana Varela, de Cambre.

Padrón, Rois e Dodro convocan o premio pictórico Terras de Iria

Os Concellos de Padrón, Rois e Dodro, e a empresa Aluminios Cortizo SA, patrocinan e convocan unha nova edición do Premio de pintura Terras de Iria. Este ano 2010 o certame cumpre o seu décima terceira edición, un traxecto no que se foi consolidando no escenario de promoción e difusión da creatividade pictórica. A iniciativa Premio de pintura Terras de Iria ten como obxectivo facer promoción tanto de artistas noveis como consolidados e achegar ao público unha visión fidedigna da creación contemporánea. Poderán participar todos os artistas que o desexen, sen límite de idade. O prazo de inscrición finaliza o 21 de abril. O primeiro premio está dotado con 8.000 euros.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion