versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Talleres de música como método preventivo en Boqueixón e Brión

[16/02/2010]

Dirixidos aos mozos impartiraos a empresa Idease durante abril e maio. Concienciar aos mozos de que hai formas de ocio sas e saudables e que a chamada cultura urbana e a creación musical non ten porque ir unida ao mundo das drogas. Estes son os dous fins que persegue o taller Obradoiro de Música Electrónica; mixing e produción, que se desenvolverá nos concellos de Boqueixón e Brión os meses de abril e maio. Os cursos, de oito horas de duración impárteos a empresa Idease SL, que é a encargada da execución do II Programa de Prevención de Drogodependencias, que baixo o slogan Pensa x ti, está promovido pola área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación de A Coruña.

Dentro do programa Pensa x tise vanse realizar fiversos obradoiros dirixidos a novos, un deles o de música electrónica que se desenvolverá en colaboración cos concellos de Boqueixón e Brión e que se podería estender a outros concellos. En concreto, en Boqueixón impartirase o 24 de abril na Casa dá Cultura de Campo Rapado, mentres que o de Brión, está previsto para 22 de maio na Casa dá Cultura de Bastavales.

Segundo explican os impulsores deste taller, o obxectivo fundamental "é ofertar á xente moza unha alternativa saudable de lecer. Preténdese tamén, como obxectivo específico, que a xente nova se somerxa na cultura musical electrónico e que coñeza con máis profundidade un tipo de música, que de forma xenérica, ás veces vincúlase máis ao consumo de drogas que ao recoñecemento dá creatividade subxacente a ela; á cultura e movemento urbano, ao cinema, os videoxogos, etc. que fomentan estes artistas; os DJs e produtores".

Hai que indicar, finalmente, que o taller será impartido polo profesor de orixe compostelano e con recoñecemento internacional, Sergio Suárez, máis coñecido na escena electrónica como Darkrow. Os mozos que participen aprenderán, durante oito horas, a realizar mesturas e a producir temas e para iso utilizarán os principais soportes informáticos e máquinas ou controladores midi.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion