versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta afirma que xa contempla este ano iniciar os trámites para a autovía ata Noia

[16/02/2010]

O presuposto en curso xa inclúe os estudios previos, di Infraestruturas. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recordou que a Xunta xa considera nos presupostos para este ano unha partida económica de 150.000 euros para os estudios previos do desdobramento do corredor Brión-Noia a través do Plan Move. A este respecto, o responsable do departamento autonómico, Agustín Hernández, precisou nunha nota de prensa que o inicio desta segunda fase de actuación se realizará ao remate dos traballos do corredor, a data de apertura do cal está prevista para o primeiro trimestre de 2011.

O trazado consta de dous tramos (Brión-Martelo e Martelo-Noia) cunha lonxitude total de 18,2 quilómetros, e as obras contaron cunha inversión de case 80 millóns de euros.

Pola súa banda, o PSdeG presentou no Parlamento galego, a través do seu vicevoceiro, José Manuel Lage, unha proposición non de lei para impulsar a construción da autovía Noia-Brión durante a actual lexislatura.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion