versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Dezaseis liñas de reforzo ao bus comarcal

[16/02/2010]

O Pino, Touro e Trazo estréanse no servizo de transporte comarcal que os comunicará con Santiago. Teo e Brión engaden á proposta da Xunta outras dúas liñas de conexión interna con financiamento propio. Os representantes municipais dos dez concellos adheridos ao futuro convenio de transporte metropolitano (Ames, Teo, Brión, Oroso, Vedra, Boqueixón, Val do Dubra,Touro, Trazo e O Piñeiro) recibían, na última reunión coa dirección xeral de Mobilidade, celebrada o pasado mércores, o anexo técnico do que será o documento definitivo e global para regular o autobús comarcal e que espera poida entrar en vigor neste primeiro semestre do ano, despois dunha década para a súa tramitación.

En canto ao reforzo do mapa de itinerarios, as novas liñas contempladas no documento inclúen por primeira vez aos concellos de Touro, Trazo e O Pino e afectan os dez municipios do seguinte modo. Entre Ames e Brión crearase a liña SM-4 dende Chave de Ponte, con 7 expedicións diarias de luns a venres. En Boqueixón, a SM-5 dende Ponte Ledesma, cunha frecuencia diaria, tamén os días laborables; entre Boqueixón e Touro, a SM-2, dende Turces, con 4 viaxes diarias de luns a venres; tamén entre Boqueixón e Touro, a SM-3, dende Meres, con 6 expedicións ao día de luns a venres; para Boqueixón e Vedra crearase a SM-1, dende Ponte Ulla, con dúas frecuencias ao día, tamén laborables. No Piñeiro sumarase unha liña, a SPIM-1, que partirá de O Marquiño, con catro viaxes diarias de luns a venres. Oroso contará a maiores coa liña SORO-1, dende Deixebre, por Sigüeiro. Realizará 15 expedicións diarias de luns a venres, unha os sábados e dous os domingos e festivos. En canto a Teo, sumará as liñas STEO- 1 e STEO-2, dende Pontevea e a Poboa, con dispoñibilidade dun microbús para explotar ambos os dous itinerarios de modo coordinado coa oferta existente, da STEO-3, dende Cacheiras por Casal de Reis, con 14 expedicións diarias de luns a venres; e a STEO-4, dende Cacheiras por comide, co mesmo horario.

Trazo disporá da STRA-1 dende O Pedrouzo, por Viaño e da STRA-2, dende A Pedregueira por Agro do Mestre, con 8 expedicións e 4 diarias respectivamente, en ambos os dous casos de luns a venres. Pola súa banda, Val do Dubra sumará a SDUB-1, partindo dende o Cruzamento Anxeriz, con dúas viaxes ao día nos laborables. Finalmente, Brión suma a SBRI-1, dende Vilanova a Os Ánxeles e a SBRI-2, dende A Graña ao Cruzamento dous Ánxeles, con dúas frecuencias diarias os martes e xoves laborables.

COLECTIVOS protexidos

A Xunta delimita seis perfís sociais para os descontos sobre a tarifa, co fin de evitar a fraude

Na reunión cos munícipes, Mobilidade entregou a cada participante un documento no que se establecen seis perfís sociais xenéricos para os cales se establecerán descontos na tarifa do servizo. Ademais, déixase aberta a posibilidade de delimitar outros tres específicos en cada concello segundo a súa realidade particular. Na proposta da Xunta defínense descontos para estudantes, novos, terceira idade, persoas con minusvalidez, colectivos con necesidades especiais (parados, familias en risco de exclusión,...) e empresas ou institucións que queiran fomentar entre os seus traballadores o uso do bus. Con esta homogenización de criterios preténdese acabar coa fraude "escandaloso" que os alcaldes aseguran dáse co actual servizo.

CITA MUNICIPAL

Os alcaldes comprométense a ratificar o plan para primavera

Tras a cita do pasado mércores, os concellos teñen xa no seu poder o documento de anexo técnico proposto pola Xunta que recolle a súa proposta definitiva acerca de liñas, trazados, frecuencias e horarios que se recollerán no futuro convenio de transporte metropolitano. Ademais, Mobilidade trasladou a súa intención de facer chegar ás administracións locais implicadas esta mesma semana o borrador do convenio final. Este deberá ser estudado por cada Concello co fin de presentar, se fose necesario, matizacións ou variacións concretas no texto. Unha vez realizada esta análise, cada Concello deberá ratificar a nivel municipal o borrador. Os munícipes adquiriron durante a reunión o compromiso de dar luz verde a este documento antes do próximo 15 de abril para que a Xunta poida así dar o ok final ao convenio antes do verán, tal como se anunciara. O obxectivo é que o novo convenio regule xa o servizo de transporte metropolitano na segunda metade deste ano.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion