versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Xunta e concellos sufragaron o bus comarcal con medio millón de euros

[13/02/2010]

A consellería achegou 340.320 euros para financiar parte do billete, fronte aos 135.000 dos municipios. O desenvolvemento do actual plan de transporte metropolitano de Santiago supuxo un desembolso de preto de medio millón de euros a repartir entre a Xunta de Galicia e os concellos que nestes momentos están adheridos ao sistema: Ames, Brión, Boqueixón, Vedra, Val do Dubra, Santiago, Teo e Oroso.

Este gasto corresponde ao cofinanciamento promovido durante o ano pasado polos municipios e a Administración autonómica para que o prezo do billete metropolitano sexa nestes momentos de 72 céntimos de euro, sempre que se adquira coa tarxeta metropolitana. Para iso, a Xunta achegou 340.320 euros, fronte aos 134.612 repartidos en distinta proporción polos concellos. A previsión de fondos para este ano aumenta ata os 141.342 euros, consecuencia directa do previsible incremento de viaxeiros.

Repartido por municipios, o Concello de Ames é o que máis diñeiro debe achegar, xa que é o concello con máis usuarios do servizo. Os fondos correspondentes ao ano pasado foron de 92.414 euros, fronte aos dezaseis mil de Teo e os 10.600 de Brión. En canto aos demais, as achegas oscilan entre o tres mil euros de Boqueixón, os cinco mil euros de Oroso e Santiago, e os mil escasos de Val do Dubra.

Aínda que a suma que deben achegar os concellos supera os noventa mil euros, en realidade, as arcas municipais non están, nin de lonxe, ao día dos seus pagamentos pola prestación do servizo, xa que a retención das achegas que debían facer para sufragar o transporte comarcal foi un dos mecanismos de presión empregados polos concellos para que a entón Consellería de Política Territorial puxese as pilas.

Solo Brión aboou a súa débeda

Baseándose na argumentación anterior, e segundo os datos achegados na reunión da semana pasada, o déficit que acumulan os concellos alcanza os 260.000 euros, correspondendo a maior parte ao Concello amiense, que por si mesmo acumula case 220.000 euros de non pagamento.

Baseándose nesta documentación, o único concello que está practicamente ao día coas contas é Brión, que tivo que achegar 27.334 euros, unha cantidade que correspondía ás súas obrigas co plan metropolitano dos exercicios do 2008 e o 2009.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion