versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os rexedores dos concellos afectados avalan a idea, pero temen matices técnicos

[14/02/2010]

Circular por a AG-56 á velocidade máxima que permite o código de circulación é unha posibilidade que os alcaldes dos concellos polos que discorre a autovía ven con bos ollos, aínda que tanto o rexedor amiense, Carlos Fernández, como o seu homólogo de Brión, Xosé Luís García, destacan a posibilidade de que haxa condicionantes técnicos que o impidan.

Fernández sinalou que cando abriu a autovía o primeiro que fixo foi solicitar que se aumentase a velocidade máxima permitida, pero as razóns esgrimidas entón foron que debido ao número de enlaces do vial non era posible aumentar a velocidade. En caso de que finalmente si sexa posible, o rexedor amiense mostrouse partidario de aprobar o incremento canto antes.

Máis parco foi Xosé Luís García, que recoñeceu que o trazado do vial permite sen problemas circular a 120 quilómetros por hora, pero sinalou que «sempre a nos dixo que polo número de accesos isto non era posible».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion