versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta estuda ampliar a 120 a velocidade máxima na AG-56

[14/02/2010]

Os vehículos non poden superar actualmente os cen quilómetros por hora na autovía Santiago-Brión. A Xunta de Galicia está a estudar a posibilidade de incrementar a velocidade máxima permitida para circular pola autovía Santiago-Brión, o límite da cal está cifrado en cen quilómetros por hora, unha velocidade que boa parte dos seus usuarios superan con asiduidade.

Este incremento, que dependerá do resultante dos estudios técnicos, enmárcase na decisión da Administración autonómica de aplicar os mesmos criterios para regular as velocidades máximas permitidas nas estradas da súa competencia. E se nos últimos días os condutores que utilizan as vías do Salnés e de Barbanza viron como se tomaba a decisión de de ampliar a 120 quilómetros por hora a velocidade máxima permitida, os usuarios da autovía que discorre por Santiago, Ames e Brión, terán que esperar uns días máis para saber se esta medida tamén é aplicable á AG-56.

Se finalmente se pode circular a 120 quilómetros por hora entre Santiago e Brión, o aumento tería relativa influencia na xornada diaria dos usuarios da AG-56. Así, tendo en conta que o trazado do vial é de 12,6 quilómetros, un usuario que realice catro traxectos diarios no seu percorrido completo podería aforrar, como máximo, 26 minutos á semana, xa que en cada traxecto gañarían ao cronómetro pouco máis dun minuto.

Este estudio sobre o posible incremento da velocidade non afecta ao corredor complementario á AG-56 entre Pardiñas e Galanas, xa que a diferencia do de Cacheiras, o seu trazado é de dous carrís, polo que a velocidade máxima nunca poderá equipararse á da autovía. Aínda que os cambios de velocidade nos tramos autonómicos do Salnés e Barbanza son inmediatos, os condutores da AG-56 terán que seguir vixiando o acelerador para non superar os cen quilómetros por hora.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion