versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O futuro convenio reforzará o bus comarcal con 16 liñas máis

[12/02/2010]

Touro, Trazo e O Piñeiro estréanse con dous, dous e un itinerario respectivamente. Del total de reforzos, 12 serán intermunicipais e catro de vertebración local. Teo e Brión sufragan os seus traxectos interiores. Os representantes municipais dos dez concellos adheridos ao futuro convenio de transporte metropolitano (Ames, Teo, Brión, Oroso, Vedra, Boqueixón, Val do Dubra,Touro, Trazo e O Piñeiro) recibían, na última reunión coa dirección xeral de Mobilidade, o anexo técnico do que será o documento definitivo e global para regular o autobús comarcal e que espera poida entrar en vigor neste primeiro semestre do ano, despois dunha década para a súa tramitación.

Malia que o borrador do convenio se entregará aos alcaldes ao longo desta semana e sufrirá, con toda probabilidade, modificacións de cara á súa aprobación definitiva, o que si é firme xa é o mapa das liñas que reforzarán o servizo respecto do actual, evidentemente deficitario e ineficaz. A proposta da Xunta, baseada tecnicamente na que presentara o Bipartito, reforzará o transporte metropolitano con 16 novas liñas, 12 delas de carácter supramunicipal e catro impulsadas por dous municipio, Teo e Brión que crean trazados interiores para unha maior cobertura poboacional, asumindo o custo dende as propias arcas locais.

Segundo o anexo técnico, o programa créase cun cuádruplo obxectivo: mellorar a conectividade entre as redes de transporte público, incrementar a oferta, implantar un sistema tarifario integrado e mellorar a información e as infraestruturas asociadas ao servizo de autobús metropolitano.

En canto ao reforzo do mapa de itinerarios, as novas liñas contempladas no documento inclúen por primeira vez aos concellos de Touro, Trazo e O Pino e afectan os dez municipios do seguinte modo. Entre Ames e Brión crearase a liña SM-4 dende Chave de Ponte, con 7 expedicións diarias de luns a venres. En Boqueixón, a SM-5 dende Ponte Ledesma, cunha frecuencia diaria, tamén os días laborables; entre Boqueixón e Touro, a SM-2, dende Turces, con 4 viaxes diarias de luns a venres; tamén entre Boqueixón e Touro, a SM-3, dende Meres, con 6 expedicións ao día de luns a venres; para Boqueixón e Vedra crearase a SM-1, dende Ponte Ulla, con dúas frecuencias ao día, tamén laborables. No Piñeiro sumarase unha liña, a SPIM-1, que partirá de O Marquiño, con catro viaxes diarias de luns a venres. Oroso contará a maiores coa liña SORO-1, dende Deixebre, por Sigüeiro. Realizará 15 expedicións diarias de luns a venres, unha os sábados e dous os domingos e festivos. En canto a Teo, sumará as liñas STEO- 1 e STEO-2, dende Pontevea e a Poboa, con dispoñibilidade dun microbús para explotar ambos os dous itinerarios de modo coordinado coa oferta existente, da STEO-3, dende Cacheiras por Casal de Reis, con 14 expedicións diarias de luns a venres; e a STEO-4, dende Cacheiras por comide, co mesmo horario. Trazo disporá da STRA-1 dende O Pedrouzo, por Viaño e da STRA-2, dende A Pedregueira por Agro do Mestre, con 8 expedicións e 4 diarias respectivamente, en ambos os dous casos de luns a venres. Pola súa banda, Val do Dubra sumará a SDUB-1, partindo dende o Cruzamento Anxeriz, con dúas viaxes ao día nos laborables. Finalmente, Brión suma a SBRI-1, dende Vilanova a Os Ánxeles e a SBRI-2, dende A Graña ao Cruzamento dous Ánxeles, con dúas frecuencias diarias os martes e xoves laborables.

Nos casos das dúas liñas brionesas e as STEO.3 e STEO-4, trátase de itinerarios que vertebran o interior do territorio municipal para conectar así esta zona coas liñas a Santiago, polo que o seu gasto será sufragado polos propios concellos. Todas as demais liñas rematan en Santiago, na estación de autobuses ou a rúa de A Rosa.

As claves

A inversión total cífrase en 1,85 millóns

A Dirección Xeral de Mobilidade ten xa estimado o presuposto global da posta en marcha do servizo de transporte metropolitano, que se cifra en 1,85 millóns de euros. Deste total, 1,3 serán financiados pola Xunta e a parte restante polos concellos.

Incremento do 75% de viaxeiros en 5 anos

A Xunta recordaba, tras a reunión dos munícipes con Mobilidade o pasado mércores, que segundo as súas previsións, a porcentaxe de usuarios do autobús comarcal se incrementará nun 75% durante os próximos 5 anos, a raíz da reforma do servizo.

Tarificación única por perfís sociais

Os munícipes encargados do deseño do convenio, a excepción do de Santiago, reuniranse o luns na sede da Fegamp para unificar criterios acerca dos perfís sociais aos que aplicar descontos co fin de unificar as tarifas.

Tarxetas de cores para diferenciar

Co obxectivo de acabar coa fraude actual nos descontos aplicables segundo os perfís sociais, os concellos propoñen diferenciar por cores os carnés de usuarios de modo que cada cor identifique a un solo perfil tarifario
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion