versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os alcaldes apalabran ratificar o convenio de transporte para abril

[11/02/2010]

A Xunta entregou onte o anexo técnico coa previsión de liñas e frecuencias para cada municipio ·· Les enviará o borrador total esta semana para a súa aprobación municipal. Teo e Brión suman liñas interiores. Os alcaldes de Ames, Teo, Oroso, Boqueixón, Vedra, Val do Dubra, Brión, Trazo, Touro, O Piñeiro e Santiago teñen xa no seu poder o documento que recolle a proposta definitiva da Xunta acerca de liñas, trazados, frecuencias e horarios que se recollerán no futuro convenio de transporte metropolitano, que, segundo as previsións, verá a luz o próximo verán, despois de 10 anos de tramitación.

A Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Territorio, facía onte entrega os representantes dos 10 municipios adheridos ao futuro plan de transporte do anexo técnico do convenio, onde se recapitulan os devanditos datos. Así mesmo, o departamento de Miguel Rodríguez Bugarín, anunciou que lles enviará durante a próxima semana o borrador do convenio para o seu estudio municipal e as suxestións de modificacións que cada concello considere necesarias. Pola súa parte, os munícipes presentes na comisión de seguimento do convenio do transporte, celebrada onte en Santiago, comprometéronse a ratificar o documento no ámbito municipal antes de mediados do mes de abril, para que este poida ser aprobado definitivamente pola Xunta no primeiro semestre do ano, tal como se anunciara.

En canto ás novidades técnicas, Teo e Brión son os únicos concellos que apostan por sumar liñas interiores. No caso teense terán 17 frecuencias diarias de luns a venres e no brionés dous diarias dous días por semana. Vedra terá tamén dúas liñas máis que ata agora e os demais manteranse igual.

En canto a Ames, Bugarín comprometeuse ante o alcalde a solucionar "coa maior dilixencia" a problemática de Tarrío, aldea ata a que non chega o autobús, malia estar contemplada a parada no convenio xa en vigor.

PERFÍS SOCIAIS

Guerra á fraude tarifaria

Un dos puntos fortes da orde do día da reunión de onte foi a presentación dos seis perfís sociais propostos pola Xunta para aplicar descontos específicos sobre a tarifa xeral. A sensación xeral que a proposta deixou nos munícipes foi de satisfacción e todos coincidiron en sinalar a importancia de homoxeneizar os criterios para a aplicación destes descontos para rematar así coa fraude "xeneralizada e escandalosa", que din prodúcese actualmente. Por iso coincidiron na proposta de consensuar tamén os tres perfís que pode definir a maiores cada concello. Para iso reuniranse o luns na Fegamp.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion