Brión promove unha nova edición de cursos gratuítos
[09/02/2010]
O Concello de Brión ampliará o número de cursos gratuítos de formación on-line que ofrece a través do seu web www.briondixital.org debido á grande demanda rexistrada entre os veciños e veciñas de Brión. De feito, tan só en apenas cinco días se anotaron un total de 97 persoas.
O Concello de Brión celebra o éxito da súa iniciativa de facer totalmente gratuítos os seus cursos de formación on-line para os veciños e veciñas de Brión, polo que decidiu iniciar de inmediato os nove cursos que xa cubriron o número de prazas, así como abrir unha lista de espera para organizar, polo menos, nove cursos máis.
Así, os cursos que comezaron este mes foron os catro do ámbito Office (Excel, Power Point, Word e Access), o de Linux, o de Internet Explorer, os de contabilidade (Contaplus, Nominaplus e Facturaplus) así como os de Photoshop e Dreamweaver. A grande demanda rexistrada nestes nove cursos fixo que o Concello decidise abrir unha nova convocatoria, cunha lista de espera na que os veciños se poden anotar a través de www.briondixital.org. Cando se reúnan un mínimo de dez alumnos, repetirase o curso unha vez máis.
Enlace a Tierras de Santiago