versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Emerxencias de Brión superou as corenta intervencións en xaneiro

[06/02/2010]

Os membros do Servizo de Emerxencias Brión (Sebri), axudados por voluntarios da agrupación local de Protección Civil, efectuaron máis de corenta intervencións ao longo do pasado mes de xaneiro, sendo a metade actuacións relacionadas cos temporais de fortes ventos e chuvias que asolaron en xaneiro Galicia.

Pero, por riba de todo, destacan as cinco saídas para sufocar incendios urbanos, tres de eles dentro do termo municipal de Ames, un en Brión e outro en Rois. Emerxencias tamén interveu en dous incendios de vehículos, ambos os dous en Ames, municipio que xunto co de Teo, precisou da súa asistencia en tres excarceracións de persoas feridas por accidentes de tráfico.

Limpezas de estradas (5) ou senllas intervencións por escapes de gas ou a desconexión dunha alarma completan unha asistencia que dende Emerxencias prestan as 24 horas do día, grazas ao esforzo e constante preparación dos seus membros, sen esquecer a axuda desinteresada dos voluntarios de Protección Civil.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion