versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Involucrados dous vehículos pesados en senllos accidentes acontecidos en Ames

[02/02/2010]

O Servizo de Emerxencias de Brión interveu nos choques dun camión cisterna e un tráiler. O Servizo de Emerxencias de Brión tivo onte unha dura xornada, coa intervención en dous accidentes nos que se viron implicados vehículos pesados.

O primeiro dos sinistros aconteceu a primeira hora da mañá na rotonda de Trasmonte, en Ames. Por causas que se descoñecen chocaron frontolateralmente un camión cisterna da empresa J. Gardado e un Volkswagen Touran. O equipo de Brión tivo que excarcerar a condutora do turismo, que quedou atrapada polos pés. Nestas manobras empregaron uns vinte e cinco minutos. A muller foi trasladada a un centro sanitario aínda que, en principio, non se lle apreciaron feridas graves. Debido á hora do accidente, na zona formouse un considerable atoamento e circulouse con lentitude ata que, case unha hora despois, e unha vez retirados os vehículos sinistrados, a estrada recobraba a normalidade.

A segunda emerxencia para o equipo brionés produciuse sobre as 13.00 horas. Neste caso, un tráiler dunha autoescola que circulaba pola rotonda de conexión coa autovía, xunto ao instituto, saíuse da calzada e envorcou. O condutor non sufriu feridas, aínda que as manobras para levantar o vehículo se prolongaron ata ben entrada a tarde. Foi necesario interromper o tráfico en momentos puntuais para que traballase unha grúa de grandes dimensións.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion