versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Emerxencias de Brión acode a Bertamiráns para sufocar un incendio nunha furgoneta

[28/01/2010]

Dous membros do servizo de Emerxencias de Brión acudiron na madrugada de onte a Bertamiráns tras recibir unha chamada de alerta do 113 que os informaba do incendio dun vehículo á altura do número 6 da rúa Rueiro, na zona urbana de Bertamiráns

Cando os servizos de extinción chegaron ao lugar do suceso, as lapas xa calcinaran o vehículo, unha furgoneta dunha empresa de electrodomésticos que estaba aparcada na rúa.

O lume non afectou a máis vehículos porque axentes da Policía Local de Ames retiraran un automóbil que estaba aparcado diante da furgoneta. Con todo, un turismo que estaba estacionado tras o vehículo sinistrado non puido ser retirado porque había máis automóbiles aparcados na mesma zona, polo que sufriu danos na parte frontal.

A chamada de alerta produciuse pasadas as cinco da madrugada de onte e o lume, segundo os datos do servizo de Emerxencias de Brión, prolongouse durante dúas horas, aproximadamente.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion