versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión converte en gratuítos todos os cursos de Internet e informática que imparte a distancia

[26/01/2010]

O Concello de Brión decidiu estender a gratuidad dalgún dos seus servizos aos cursos de novas tecnoloxías, informática e Internet que os veciños poden cursar a distancia. Esta decisión obedece, segundo explican fontes municipais, «á situación de crise económica que están a vivir ás familias do municipio e dá importancia que ten nestes tempos a formación».

O único que terán que facer as persoas interesadas é anotarse na web briondixital.org.

Unha vez inscrita, a persoa ten praza asignada, pero os cursos non comezarán ata crear un grupo de oito ou dez alumnos. Cando se dea esta circunstancia, o Concello notificará mediante un correo electrónico a data de inicio de programa.

A oferta establecida inclúe clases dos programas informáticos Excel, Word, Access, Power Point, Indesing, Photoshop, Dreamweaver. Tamén ofrece cursos para aprender a aproveitar os recursos que ofrece Internet, como a xestión de contas de correo electrónico, buscadores de Internet, técnicas para atopar un emprego, deseño de blogs, uso de redes sociais, técnicas de edición dixital e programas especializados como Sixpac e Catastro, Contaplus e Nominaplus, entre outros.

Unha vez concluídos os cursos, os alumnos deberán superar unha proba para obter un diploma acreditativo da formación recibida.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion