versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O certame Novos Valores de Brión supera as 50 obras

[26/01/2010]

O certame de pintura Novos Valores de Brión contará con 51 obras este ano a concurso, segundo apuntaban dende o Concello. Ademais, acaba de poñerse en marcha no Espazo dá Arte a mostra Vivencias heteroxéneas. Cousas que vai, selección de 15 obras de alumnos de último ano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra que poderá visitarse ata o 30 de xaneiro.

O sexto certame Novos Valores contará con dúas categorías: de 14 a 17 anos (con dous primeiros premios de 600 e 400 euros); e maiores de 18 anos (con dous premios de 1.500 e 1.000 euros). As catro obras premiadas e unha selección de todas as presentadas conformarán unha exposición que o Concello de Brión organizará no Espazo das Artes, sito en Pedrouzos (Brión). Unha exposición que poderá ser visitada entre o 12 de febreiro (data do fallo) e o 12 de marzo.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion