versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O brionés Daniel Negreira abrirá un restaurante-museo en Taiwán

[24/01/2010]

O chef de Os Ánxeles estima que en 4 meses poderá funcionar o seu novo local, no ámbito dun dos rañaceos máis grandes. Ten outros dous establecementos e unha empresa de comida canadense. O chef brionés Daniel Negreira Bercero (Os Ánxeles, 1977) non para. Nin sequera no outro extremo do mundo. Así, e tras dous anos -que cualifica de "duros"- rexentando outros tantos restaurantes en Taiwan (China), prepara a apertura dentro de 4 meses do que considera o último berro no sector hostaleiro: un futurista restaurante-museo que se chamará DN (as súas iniciais) cun edificio principal "baseado en negro branco e gris metal" e unha idea no horizonte: "Montar algo que dea unha visión de museo no cal as comidas serán, digamos, e sen querer parecer narcisista, as obras de arte,", apunta.

O barrio de Taiwan onde estará situado é a zona mais moderna "e en constante ebulición" de Taipei, a uns 500 metros da torre 101. Rodeado dos mellores hoteis e centros de ocio da capital taiwanesa. Ao respecto da idea para este establecemento, na que tamén se quere implicar o cociñeiro Ramón Roteta, Negreira apunta que "levamos desenvolvéndoa dende hai uns meses, á vez que o compaxino cos meus dous restaurantes actuais e a creación dunha empresa de produtos alimenticios que estamos a montar en Vancouver, Canadá, chamada Broken Island, baseada en produtos locais cociñados e presentados usando técnicas modernas".

Como datos colaterais ao novo proxecto, adianta que pensa contratar unhas 40 persoas"... E é só é o principio. Grazas ao financiamento dos seus socio Joe, poderá afrontar o proxecto do restaurante DN -custará en torno a dous millóns de euros- e prevé no futuro abrir un hotel situado "en Taroko, famoso polos seus desfiladeiros".
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion