versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión mantén a taxa dos talleres de entroido e incrementa o horario das actividades

[21/01/2010]

O Concello de Brión organizou varios talleres infantís, para nenos de entre 3 e 12 anos durante os días que coinciden coas xornadas do entroido.

Ao igual que aconteceu coa programación navideño, o Concello decidiu manter as mesmas tarifas (10 euros) que hai un ano, aínda que o horario das actividades será un pouco máis amplo, con media hora en cada unha das xornadas do 15, 16 e 17 de febreiro.

Os nenos poderán acudir ao colexio de infantil e primaria de Pedrouzos para participar en talleres adaptados ás súas idades, cunha programación que inclúe xogos tradicionais, deseño de máscaras, elaboración de caretas, maquillaxe de distinto tipo e elaboración de disfraces. Estes talleres estarán organizados en grupos pequenos.

O prazo para anotarse remata o 5 de febreiro e o sistema de asignación de prazas será a orde de inscrición.

A maiores, o Concello pon a disposición dos nenos servizo gratuíto de transporte dende as paradas habituais do transporte escolar.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion