versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión e Ames entregan fondos municipais para axudar aos damnificados de Haití

[21/01/2010]

A traxedia que vive Haití provocou que concellos como Ames e Brión emprenderan accións de apoio a este país mediante diferentes achegas económicas. O primeiro municipio en confirmar esta iniciativa foi Ames que o día 16 autorizou o envío de 1.500 euros a través dunha oenegé. Pola súa banda, o Concello brionés iniciou a súa campaña o luns, aínda que a partida económica aínda non está decidida. Ademais, a administración local de Brión repartiu un bando informativo polas parroquias para animar aos veciños a colaborar na medida das súas posibilidades a través de calquera organización non gobernamental de recoñecida solvencia que están a recoller fondos. Para iso, o Concello informou que está aberta a conta de Caixa Galicia 2091-0209-3040019000 e que nos donativos debe constar a identificación «Emerxencia Haití».

Paralelamente, o grupo municipal do BNG de Brión fixo público o texto dunha moción para o seu debate no próximo pleno no que formula, precisamente, unha achega económica que cifra en cincuenta céntimos de euro por cada veciño. A maiores, avoga por promover unha campaña de información invitando á solidariedade, así como abrir unha conta bancaria para que todos os veciños que o desexen poidan achegar fondos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion