versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Accesos motorizados para discapacitadosa inmobles de Brión

[16/01/2010]

Grazas á Deputación situaranse ramplas automáticas na casa do concello e na casa da cultura. O Concello de Brión acaba de empezar as obras de instalación de senllos salvaescaleras na casa do concello e na casa da cultura. Os traballos, presupostados en 29.612 euros, son financiados con cargo ao Plan Especial de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas da Deputación de A Coruña, e estarán acabados ao longo da próxima semana.

A empresa encargada de levar adiante estas obras, a Compañía europera de Ingeniería Civil (Incisa), xa retirou os antigos equipos, que foran financiados tamén a través dun plan provincial. Onte comezaron as obras para a instalación dunhas modernas plataformas salvaescaleras de última xeración, con plataforma, totalmente silenciosas, cómodas e seguras para os seus usuarios.

Deste modo, o Concello de Brión pretende mellorar a accesibilidade das persoas con minusvalidez física ou mobilidade reducida ás instalacións da casa consistorial e da casa da cultura. Outros edificios municipais, como o centro social polivalente, xa teñen as súas pertinentes ramplas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion