versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno de Brión acorda inverter 616.000 euros na travesía de Vilar

[14/01/2010]

O pleno extraordinario celebrado onte en Brión aprobou por unanimidade o proxecto actualizado da travesía de Vilar, nos cruzamentos das vías de A Gándara e Amañecida e de Negreira a Urdilde, un proxecto de 616.000 que sufragará a Deputación coruñesa nun tramo de 804 metros xusto no cruzamento de ambas as dúas estradas.

O alcalde, Xosé Luis García, asegurou que os veciños xa cederon os terreos necesarios a cambio de que se repoñan os muros existentes, polo que non haberá que recorrer a expropiación ningunha.

Está previsto construír unha travesía de dous tramos de 650 e de 150 metros, nos que a calzada será de oito metros de anchura e beirarrúas de dous metros. O proxecto inclúe o saneamento de pluviais xa que a zona ten preinstaladas as redes de iluminación, abastecemento e rede de sumidoiros.

O proxecto será enviado de inmediato á Deputación Provincial coruñesa, organismo encargado de licitar e executar as obras, que contan cun prazo de doce meses.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion