versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os concellos mobilizaron aos grupos de intervención, brigadas, voluntarios e policías locais

[09/01/2010]

Os concellos do ámbito compostelano botaron man de persoal tan diverso como policías locais, brigadas de obras, servizos de emerxencias e voluntarios para evitar o caos.

Boqueixón despregou o seu equipo de emerxencias, formado por quince persoas, que atenderon varias saídas de vía e esparexeron cinco mil quilos de sal. Precisamente, este Concello destacou o esforzo económico que supuxo prorrogar as contratacións deste persoal.

As emerxencias de Brión puideron atenderse grazas á colaboración dos voluntarios, que traballaron, xunto cos tres operarios en equipo, na limpeza das estradas e na aplicación de sal nas urbanizacións.

O mesmo aconteceu en Oroso, que mobilizou 18 persoas, incluídos os axentes da Policía Local. Ante esta circunstancia, o rexedor brionés, Xosé Luís García, e o responsable orosino de Protección Civil, Castro Rial, demandaron máis apoio para os concellos pequenos.

Ames utilizou o persoal de obras e o seu amplo equipo de policías locais, mentres que Teo tamén coordinou as súas brigadas de obras, equipo e voluntarios de Protección Civil e axentes locais.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion