versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As dúas piscinas municipais estarán abertas desde o 23 de xuño

[11/07/2007]

EL ENTORNO METROPOLITANO
As piscinas municipais dos Ánxeles e de Bastavales inician a tempada de verán o mércores 23 de xuño. Abrirán en horario de 15:30 a 20:30 horas.
Para utilizalas, os menores de 14 anos deberán pagar 0,30 euros cada día que acudan e ós maiores de 14 correspóndelles unha tarifa de 0,60 euros. As persoas de fóra do concello pagarán o doble. Para empadroados existe a opción de obter pases de tempada, a seis euros para menores de 14 e a doce euros para os que superen esa idade.

Cursos de natación
Por outra parte, durante o mes de xullo, e só para veciños, terán lugar cursos de natación para nenos de 5 a 14 anos. Os nenos dos Ánxeles e os de Bastavales acudirán ás súas respectivas piscinas de 16 a 18 horas. Os de Brión, Boullón, Luaña, Cornanda, Ons e Viceso poderán acudir á de Bastavales de 11:30 a 13:30 horas, con transporte de balde.
O concello tamén prevé un curso para adultos en Bastavales, se se reúne un mínimo de persoas interesadas. Para asistir a calquera curso de natación precísase dispoñer de pases de tempada, que se expiden na Casa da Cultura, achegando unha foto tamaño carné. 



Enlace a El Entorno Metropolitano

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion