cabeceira_libro
.

RE: Paso de peóns cruce dos Ánxeles
Estimado Diego. Ante todo alegrámonos enormemente que o que puido ser un fatal accidente quedase ao final en nada. Lamentamos comunicarlle que tanto o paso de peóns como a estrada que nos atinxe nesta conversa non son titularidade do Concello de Brión, senón da Xunta de Galicia, co cal non temos competencia algunha nestas infraestructuras.
Dende o Concello non podemos facer moito mais que trasladar, e así o faremos, esta queixa á Consellería de medio ambiente e ordenación do territorio da Xunta de Galicia. Así mesmo animamos a vostede a que tamén o faga de maneira escrita a través dos rexistros de documentación oficiais. Esperamos que pronto poidamos estar informando que este problema se solucionou convenientemente. Moitas Grazas
CONCELLO DE BRIÓN | Brión | 16/11/2016
linea
.

Paso de peóns cruce dos Ánxeles
Esta noite estiven a nada de ser atropelado no paso de peóns próximo ao cruce dos Ánxeles, fronte o bar O Faro. Está totalmente despintado e resulta complicado de ver para os coches, diría que imposible polas noites. Trátase dun paso de peons moi empregado pola xente que empregamos o transporte público para subir e baixar de Santiago. Por favor, arranxádeo antes de que ocurra unha desgraza. Grazas.
Diego | Os Ánxeles | 16/11/2016
linea
.

Cotas das actividades dos nenos
Estimados/as veciños/as. Vaia por diante as nosas desculpas por non ter respondido antes ás vosas achegas a través deste “Libro de visitas”. Arranxaremos o sistema de alertas desta web para poder dar resposta canto antes ás vosas inquedanzas. De todos modos, consideramos que este espazo non é o lugar axeitado para cuestións como as que plantexa Marisa, sobre todo cando se está acusando dun delicto a unha traballadora deste Concello. Se as cousas sucederon como afirmas, Marisa, por favor acude coas probas que así o demostren ben a este Concello ben directamente ao Xulgado. A día de hoxe, este Concello non ten razóns para dubidar da honradez e do bo facer de ningún dos seus traballadores polo que, de non presentarse probas en contrario, nos reservamos tamén o dereito a actuar xudicialmente contra aquelas persoas que difamen e calumnien aos nosos empregados.
CONCELLO DE BRIÓN | Brión | 08/11/2016
linea
.

Cuotas de las actividades deportivas de los niños
Me gustaría saber como hacemos con las cuotas de las actividades deportivas que están siendo pagadas a la secretaria del concello en ausencia de la tesorera y ahora esta siendo reclamada por el concello que afirma que no fueran pagadas, ya son tres madres que están con lo mismo problema. Que esta haciendo la secretaria con el dinero se queda con el??
Marisa | Brion | 05/11/2016
linea
.

Arreglo pista de juego
Hace meses que en la pista de juego entre Monte Balado y Río Pego hay un agujero en la valla, detrás de una de las porterías. Es peligroso porque se cuelan balones continuamente, pasan vehículos, vecinos... No costaría tanto arreglar ese trozo de valla metálica. Gracias
Inés | Brión | 28/09/2016
linea
.

Necesidade de paso de peons
Agora que estan pintando as liñas da carretera, é necesario pintar un paso de peons na marquesina que esta chegando a autovia (segunda parada info para entrando en brion indo para santiago).

Gracias!!!
Sandra | Brion | 08/09/2016
linea
.

Parque infantil
Encántame como quedou o novo cha do parque de Brion, pero non era necesario investir 25.000€ só no chan, o antigo de área non mancaba ós nenos e nenas, o que si é perigoso e deixar os mesmos vellos, astillados e rotos columpios.
a | Guitiande | 07/09/2016
linea
.

+ limpieza
Hace tiempo que observo que no se barren las calles en la Urbanización, apelo al Concello para que no se olviden de Monte Balado..
Juan Carlos | Monte Balado | 04/09/2016
linea
.

Basura
Non entendo como é posible que o concello non faga algo por manter Brión limpo de basura. Desgraciadamente é o común denominador que atopo nas rúas, urbanizacións, ríos, zonas recreativas...etc. Basura e máis basura. Non só é falta de sensibilidade por parte da xente, senón do propio concello e do alcalde. Nada que ver con outras zonas como Mera (cerca de Coruña)ou a maior parte de Asturias, onde incluso costa atopar un papel tirado. Despois de 2 visitas ó alcalde, supoño que o meu comentario non irá a ningún lugar....pero espero que polo menos cale na persoa que o lea.
Jesús | Brión | 03/09/2016
linea
.

Parada de autobús.
Encántame como quedou a parada de autobús dos ánxeles, a verdade asombroume do bonita que quedou coa decoración das torres!
Se algunha coisa bonita temos en Brión, sen vergoña algunha hai que mostrala!
Anónimo. | Ánxeles | 07/06/2016
linea
.

parques infantís
Quero denunciar o estado dos parques infantís do balneario de Brión e da aldea de Guitiande, as madeiras están astilladas e as zonas de xogos non cumplen a normativa vixente. Por favor dediquen algo de tempo a este tema porque temos que desplazarnos a outros concellos por medo a que os nosos fillos se accidenten nestes parques.
grazas
pequerrechos | BRION | 13/05/2016
linea
.

CARBALLO BALNEARIO DO TREMO
EL ROBLE CATALOGADO DEL BALNEARIO DE O TREMO ESTÁ ENFERMO Y NADIE PARECE VERLO.
MIDE 26 M Y EL DIAMETRO DE SU BASE ES DE 173CM, ES UNO DE LOS ROBLES MAS SIGNIFICATIVOS DE GALICIA, POR FAVOR QUE ALGUIEN HAGA ALGO!
carballo | BALNEARIO DO TREMO | 13/05/2016
linea
.

cuneta en perigo
No lugar de lago na subida hacia a aldea de cabanas e gontade o marxe dereita estuberon areglando a cuneta por motivos da auga. Ahora puxeron tubos e botaronlle zahorra e teñen unhas cabillas colocadas con unhas cintas eh eso quedou moi mal. Non se pode apartar como dios manda. Cando se rallen os coches haber quen eh o responsable. Un saudo.
anonimo | lago | 05/03/2016
linea
.

Exposición de Xosé Vizoso
Noraboa pola magnífica exposición de carteis. Hai que lle dar visibilidade aos estupendos artistas que viven entre nós.
Xesús | Alqueidón | 14/02/2016
linea
.

Contedor de pilas roto
Hai un contedor de pilas, que está moi preto do campo de fúfbol, que está furado por debaixo e vense alí tiradas todas as pilas. Isto nn é novo, xa fai tempo que está e penso que urxe moito amañar ou reemplazar este contedor. Gracias de antemán!saúdos e feliz ano.
Sandra | Brion | 04/01/2016
linea
.

Arranxo e limpeza de cuneta fronte ao IES
¿Qué tal se arranxan a cuneta no paseo de Pedrouzos, fronte ao instituto e retiran todo o lixo que hai na mesma? Hai moitas cunetas polo medio do monte que son un luxo ao lado de esta.
Como todos os outonos teño que facer a mesma petición, porque non hai maneira de que o concello o faga por iniciativa propia.
Miguel Vila | Pedrouzos | 23/10/2015
linea
.

¿onde está Rua da Pomba?

¿Onde está a Rúa Pomba?
Pois segundo a contribución que pago por a miña casa, mais de 800 € , debe ser unha das mellores zonas do Concello, pero nin os transportistas nin as empresas de paquetería logran atopar a miña casa.
Claro, como a van a atopar se a única indicación que hai da rúa está no medio da aldea do Alqueidón e resulta que a Rúa Pomba cruza a Avenida de Noia pero ninguén o sabe!!!!!
A miña casa, ten acceso a dúas vías, Rúa da Pomba e outra vía “sen nome” porque dende o propio Concello non me souberon dicir como se chamaba a rúa que pasa por diante do Centro Comercial Monte Balado, co cal, xa me diredes , unha das zonas mais céntricas do Concello está tan mal señalizada que nin os transportistas cos seus sistemas de GPS conseguen atopala.
Por non falar de limpeza, a miña queixa constante da situación do noso Concello. Agora empezo a entender porque os accesos á miña casa están así. No Concello tampouco deben saber que vivo na Rúa Pomba e por iso cando a limpan non cruzan a carretera e como tampouco pertenezco a Monte Balado, cando limpan por esa zona saltan eses metros de acceso á urbanización e claro así está...papeis, colillas, paquetes de tabaco, latas de sardiñas .... todo iso me atopo cando saio pola porta da casa...
A miña queixa non é mais que para invitar ó Concello a señalizar ben as rúas, avenidas e accesos, e sobre todo invitar ós habitantes do noso concello a ser un pouco máis cívicos e limpos.
María
Rúa Pomba
María | RUA POMBA | 25/09/2015
linea
.

Estado abandono fincas
Parece mentira que se manden cartas de denuncia ós vecinos para limpar montes cando nunha das vías principais do Concello, Avenida de Noia, hai fincas cunha vexetación altísima que invaden as aceras obligando en moitas ocasións a ter que ir pola carretera, por non falar dos miles de paxaros que alí anidan, causando danos cos seus excrementos en roupa, coches, edificios...
Espero que se mire un pouco mais polo estado do noso Concello!!!!
María | Alqueidón | 12/08/2015
linea
.

conclusions de taberna
estas conclusions plasmadas aqui,señor garcia,son o sentir de xente deste concello a que vostede,como alcalde,tamen teria que escoitar.esa xente que vostede ten nunha lista negra e lle fai a vida imposible cos recursos de todos.faime gracia que presuma dos logros conseguidos parao apoio das persoas con menos recursos,e o mesmo tempo sexa exclusivo con persoas que forman a oposicion e non son de brion.sobre a transparencia,teno moi facil,creo que os veciños de brion despois de 40 anos temos dereito a unha auditoria exterior.se tanto hincha o peito,permitaa e todos contentos.outra cousa que me costa creer e que hoxe alguen morra de fame.o que si que creo e que no siglo 21,a 2 km do edificio onde vostede ten a oficina,hay veciños sin corriente electrica pa encender a lavadora e o forno a vez,tamen que cando ardeu a nave dos helados vostede non dou a cara,que a presion a nivel de impostos sobre as clases medias-baixas aumentou de forma abusiva e que se non fora polas actuacions da xunta e da deputacion,en brion estariamos como fai 40 anos,con pistas asfaltadas con chapapote e gravilla.si tan ben estamos,porque non hay unha empresa no concello?,porque a maioria da xente que vive nos edificios e urbanizacions non esta empadronada aqui?,porque se empeña en continuar prolongando esta agonia con tacticas caciquiles,indo a buscar a xente para votar e con varons distribuidos en varias zonas o estilo de baltar? ten algun tipo de enfermidade que o faga dependiente do poder?
fagase un favor.non se crea imprescindible,tarde ou temprano vai caer.e despois a xente,polo menos podera COMPARAR
o que non sabe e coma o que non ve.un saludo
azote | brion | 17/05/2015
linea
.

aparcamento pista lateral do concello
Dada a multitude de obras que se están a realizar con motivo das próximas eleccións,solicito o pintado dunhas liñas amarillas que prohiban o estacionamento no tramo da pista que se dirixe a Cabreiros,que comprenda a lonxitude da verxa roxa de ferro, para que os veciños que acceden as súas vivendas por este vial poidan facelo, xa que en ocasións os vehiculos mal aparcados na entrada da pista impiden o paso.Moitas gracias
miguel gonzalez | pedrouzos | 17/05/2015
linea
.
1   |  2  |  3  |   > 

pe_libro