axu8da navegacion versión accesible aviso legal axuda
columna izq
briondixitalaxuda á navegacion
banner
menus
calendario Martes, 23 de Maio do 2017
     

Empresas - O PLAN DE EMPRESA

Descarga o documento (version pdf ) PDF

¿QUE É UN PLAN DE EMPRESA?
Un Plan de Empresa (tamén chamado Plan de Viabilidade ou Plan de Negocios) é un documento no que se analiza o contido do proxecto empresarial e no que se describen tódolos elementos da empresa.

A ESTRUTURA DO PLAN DE EMPRESA
A – INTRODUCIÓN
A.1. BREVE DESCRICIÓN DO PROXECTO
Trátase duna introdución superficial do proxecto: información sobre a actividade a que se vai adicar a empresa, onde se situará, servizos ou produtos que vai producir,...

A.2. ANTECEDENTES DOS PROMOTORES
Inclúe o teu currículum e o dos teus socios, remarcando aspectos como formación ou experiencia no sector.

B - ANÁLISE DO CONTORNO
B.1. O CONTORNO XERAL
Abrangue divesos factores externos á túa empresa, como poden ser: económicos, sociais, tecnolóxicos, políticos-normativos, ...

B.2. O CONTORNO ESPECÍFICO
Debes analiza-los seguintes temas:
PRODUTOS E SERVIZOS: debes coñecer a fondo o teu produto; pensa que o que hoxe é novidade, queda completamente desfasado e superado en pouco tempo; por iso, debes actualizar os teus produtos periodicamente, desenvolvendo algúns novos ou modificando os que xa tes.
CLIENTES: tamaño e segmentación do mercado.
COMPETIDORES: identificar e coñece-los teus competidores permitirache saber con antelación desde onde che poden “atacar”. Non subestíme-la competencia, pois os teus competidores teñen algo que a ti probablemente che faltará: experiencia e contactos.
PROVEDORES: son aquelas empresas que che venden produtos ou servizos necesarios para desenvolve-las túas actividades.

C - ANÁLISE INTERNA
C.1. ¿CÓMO COMPETIR?
Podes competir en prezos ou facer algo diferente. A primeira opción consiste en vender máis barato cós demáis; a segunda busca dota-lo teu producto ou servizo de características ou suplementos que ninguén máis proporciona. En ámbolos casos, vai se-lo mercado e mailas túas capacidades as que te van condicionar nesta elección.

C.2. OPERACIÓNS INTERNAS
Analiza qué procesos vas realizar internamente e cales lles vas subcontratar a outras empresas. Reserva para ti os procesos clave (nos que radican as túas vantaxes)

C.3. OPERACIÓNS LOXÍSTICAS
Hai tres operacións básicas dentro do que se chama loxística: o aprovisionamento, a produción e a distribución.

C.4. OS RECURSOS
Tres tipos básicos: recursos técnicos, humanos e financeiros.

C.5. A FIXACIÓN DE OBXECTIVOS
Marca uns obxectivos claros, en termos de vendas, beneficios, ... que che sirvan como referencia de a onde queres chegar, pero, ó mesmo tempo, que non sexan obxectivos demasiado ambiciosos.

D – ANÁLISE ECONÓMICA FINANCEIRA

D.1. O PLAN DE INVESTIMENTOS
Necesitarás dous tipos de bens para realizar a túa actividade empresarial:
- ACTIVO FIXO (Investimentos fixos) : instalacións, mobiliario, máquinas, ordenadores, ...
- ACTIVO CIRCULANTE: elementos que se consumen no desenvolvemento normal dos teus traballos; materias primas que van ser transformadas co fin de consegui-lo produto ou o servizo que vas comercializar.

D.2. O FINANCIAMENTO
O diñeiro necesario para pagar tódolos elementos que mercaches para o desenvolvemento da túa actividade (ACTIVO) tes que conseguilo dalgún xeito:
- Fontes persoais, familia e amigos.
- Bancos e institucións de crédito.
- Axudas a pequenas e medianas empresas.
- Asociarse con alguén.
- Sociedades de capital risco.
- Créditos comerciais (créditos de provedores)

Estes recursos monetarios que necesitas reciben o nome de PASIVO.

D.3. A PREVISIÓN DE VENDAS
Debes ser o máis realista posible á hora de preve-la evolución das vendas. Reflexiona sobre cantos clientes podes chegar a ter, canto vai gastar cada un,...

D.4. INGRESOS E GASTOS
Os ingresos da túa futura empresa provirán das vendas realizadas.
Os gastos son a cuantificación de tódolos consumos que teñas durante a actividade diaria da túa empresa.
O cálculo de previsión de beneficio ou perda do teu negocio terás que facelo restándolle ós ingresos que previsiblemente vas conseguir os gastos.
Sen embargo, as máquinas que utilizas, o edificio ou o local no que estás instalado e en xeral tódolos obxectos estables na túa empresa (ACTIVO FIXO) gástanse e estráganse co paso do tempo e co uso. Son uns gastos teóricos que terás que calcular, dividindo o valor dos activos fixos que teñas entre o número de anos que esperas que che duren. Reciben o nome de AMORTIZACIÓNS e deberás incluir este gasto na túa conta de resultados.

D.5. O PUNTO DE EQUILIBRIO
O punto de equilibrio é aquela cifra de vendas a partir da cal a túa empresa empezará a ter beneficios.
Para poder calculalo, primeiro debemos definir o concepto de “marxe de contribución”: é a diferenza entre o prezo de venda dos teus produtos ou servizos e os custos variables (varían en función do nivel de actividade) no que incorres para obtelos ou vendelos.
Polo tanto, o punto de equilibrio é a cifra de vendas para a cal a marxe de contribución total compensa os custos fixos da empresa, sendo o beneficio cero. Para un nivel de vendas superior haberá beneficios, e perdas se é inferior.

PUNTO DE EQUILIBRIO OU PUNTO MORTO = CUSTOS FIXOS / MARXE DE CONTRIBUCIÓN

D.6. BENEFICIOS E RENDIBILIDADE
A CONTA DE RESULTADOS
O obxectivo final de cuantifica-los teus ingresos e mailos gastos é chegar a coñecer anticipadamente canto diñeiro gañarás, ou perderás, realmente coas túas actividades. Para obter esta información utilízase un esquema, máis ou menos predefinido, chamado “conta de resultados”.
INGRESOS
Importe das vendas
Subvencións
Ingresos financeiros
Beneficios por vendas de activos
Ingresos extraordinarios
GASTOS
Aprovisionamento (Consumo de materias primas)
Gastos de persoal (Soldos e cargas sociais)
Outros gastos de explotación (Servizos subcontratados, tributos, ...)
Amortizacións
Gastos financeiros
Gastos extraordinarios
Imposto de Sociedades
A RENDIBILIDADE
Indícache a cantidade de diñeiro que gañas en función do que tivestes que gastar (investir) para que funcionase a túa empresa.
O BALANCE DE SITUACIÓN
É un esquema ordeado onde reflexarás claramente que bens ten a túa empresa (ACTIVO) e de onde saíron os fondos para os mercar (PASIVO)

(c)
columna derecha
contacto privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion BrionDixital