Alta no padrón municipal de habitantes
En que consiste
O trámite de alta no Padrón de habitantes consiste na inscrición dunha persoa nel cando procede doutro municipio ou non figura empadroado en ningún.
Requisitos
- Solicitar por escrito a alta no padrón. O Concello efectuará os trámites para a baixa no municipio de procedencia.
- DNI do solicitante e das demáis persoas que o posuan.
- Libro de familia.
- Xustificante da propiedade do inmoble ou arrendamento (escritura de propiedade ou contrato de venda ou arrendamento)
- Se no domicilio figura empadroada algunha persoa, autorización dalgún ocupante e copia do seu DNI.
Trámites on-line:
- Alta no padrón municipal de habitantes 
- Impreso solicitude de empadroamento en vivenda allea 