axu8da navegacion versión accesible aviso legal axuda
columna izq
briondixitalaxuda á navegacion
banner
menus
calendario Luns, 18 de Decembro do 2017
     

Asociacións - LEXISLACION - Decreto

Decreto 276/1997, do 25 de setembro, polo que se crea o Rexistro Central de Asociacións e se regula a organización e funcionamento dos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia. (Versión en PDF) PDF

A Constitución española de 1978 recoñece no seu artigo 22 o dereito de asociación, establecendo que deberán inscribirse nun rexistro só para os efectos  de publicidade. A lexislación xeral en materia de asociacións está constituída pola Lei de asociacións 191/1964, do 24 de decembro, e polo Decreto 1440/1965, do 20 de maio, na medida en que conservan a súa vixencia e que constitúen o réxime xeral aplicable para tódalas asociacións, salvo as excluídas deste réxime xeral no artigo 2 da citada lei e por outras normas posteriores.

A Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, levou a cabo unha ampliación de competencias para a Comunidade Autónoma de Galicia, incluíndo entre outras as relativas á execución da lexislación do Estado en materia de asociacións.

Polo Decreto 336/1996, do 13 de setembro, a Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e servicios en materia de asociacións, traspasados mediante o Real decreto 1639/1996, do 5 de xullo, asignándollos á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. No 194 L Mércores, 8 de outubro de 1997 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.817 Neste decreto facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o seu desenvolvemento, e adopta–las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións traspasadas.

Facendo uso desa autorización pola orde desta consellería, do 26 de setembro de 1996, asígnanselles funcións en materia de asociacións ós delegados provinciais. Ó longo do tempo transcorrido apreciouse a necesidade da existencia dun Rexistro Central de Asociacións, polo que cómpre proceder á creación do devandito rexistro e regular diversos aspectos procedementais dos rexistros central e provinciais. Por todo isto, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de setembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:


Artigo 1º.–Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia. Créase o Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, que terá a súa sede na Dirección Xeral de Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e no que se inscribirán as asociacións que, sen ser competencia do Rexistro Nacional, non estean comprendidas nas previstas no artigo seguinte.

Artigo 2º.–Rexistros Provinciais de Asociacións.
Os rexistros de asociacións existentes en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia radicarán nas delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Incribiranse nos rexistros provinciais tódalas asociacións que desenvolvan as súas actividades e teñan establecido o seu domicilio dentro do territorio provincial respectivo.

Artigo 3º.–Presentación das solicitudes de inscrición. A solicitude de inscrición dunha Asociación presentarase, xunto coa documentación preceptiva (acta fundacional e Estatutos), na delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia onde aquela teña establecido o seu domicilio. (Xúntase como anexo).

Artigo 4º.–Tramitación das inscricións correspondentes ó Rexistro Nacional e o Rexistro Central da Comunidade Autónoma.
No caso daquelas asociacións nas que a inscrición lle corresponda ó Rexistro Nacional ou ó Rexistro Central da Comunidade Autónoma, a delegación provincial remitirá respectivamente ó Ministerio do Interior ou á Dirección Xeral de Interior a documentación relativa a estas e advertirá ó interesado do destino dado á súa petición.

Artigo 5º.–Acordo de inscrición e publicidade rexistral.

1. Será competencia dos delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e  Relacións Laborais:

a) Dicta–la oportuna resolución acordando a inscrición no rexistro provincial das  Asociacións, unha vez cumpridos os trámites legalmente establecidos.

b) A autorización dos restantes asentos rexistrais, así como a expedición de toda clase de certificacións relativas ó contido do Rexistro Provincial.

2. Corresponderanlle ó director xeral de Interior as competencias reflectidas no número anterior respecto das asociacións nas que a inscrición lle corresponda ó Rexistro Central da Comunidade Autónoma.

Disposicións derradeiras


Primeira.–Autorízase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dictar cantas disposicións sexan precisas para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.–Serán de aplicación supletoria ó disposto neste decreto, o Decreto 1440/1965, do 20 de maio, a Orde do 10 de xullo de 1965 do Ministerio da Gobernación, sobre o funcionamento dos rexistros e demais disposicións concordantes, en tanto manteñan a súa vixencia. Santiago de Compostela, vintecinco de setembro de mil novecentos noventa e sete.

 

(c)
columna derecha
contacto privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion BrionDixital